Páginas

jueves, 19 de abril de 2012

OEA 2012

Amig@s, o pasado domingo un grupo de aguerridos ciclistas achegouse ata Brion para participar na marcha dos amigos do Club Os esfola arrós. Tras madrugar máis do debido por culpa dun empanado de cures que non sabe ler, chegamos o destino con antelación, e tras morrer de frío por fin puidemos gozar dunha preciosa marcha dura fisicamente pero cunhas baixadas espectaculares. Todos o pasamos como nenos nas baixadas e sufrimos o que non esta escrito nas subidas. Deixamos unhas fotos do fotocall que tiñan montado a chegada.



En canto teñamos mais novidades iremos informando!!!Saúdos e vémonos polo monte!!!

lunes, 30 de enero de 2012

Equipacion

Bos días, en primicia mundial imos dar a coñecer a nosa equipación....tras moito traballo e moitas voltas por fin temos definido o deseño e todo listo!!Esperamos que Sportbike Galicia meta un pouco de presión para que as teñamos canto antes...Damos as gracias os patrocinadores por axudarnos neste proxecto, SportBike, Cosmos, Pinturas Gilberto e Automoción Barbanza. Gracias!!!

viernes, 27 de enero de 2012

Xa somos Clube!!

Pois si xa somos Club e en próximo días iremos dando a coñecer como vai ser a nosa equipación e outros detalles. Tras moito traballo e movernos moito por fin o conseguimos. De agora en diante iremos actualizando todas as semanas tanto no facebook como aquí as nosas andanzas.
Saúdos e vémonos no monte!!!!!